sábado, 28 de marzo de 2026

Erasmus+ KA1 STEAM en Viena, Austria.

O noso centro participa, xunto con outros doce centros da comarca, no Erasmus organizado polo C.F.R. de Ferrol en Viena, Austria, de temática STEAM.

Visitamos o Colexio Universitario de Educación de Maestros en Viena, o centro de educación secundaria de BG Klosterneuburg, o centro de educación primaria PVS Alxingergasse, e o centro Future Learning Lab (FLL, espazo educativo innovador deseñado pola Universidade pedagóxica de Viena que ofrece entornos de aprendizaxe modernos para fomentar competencias dixitais, traballo en equipo e habilidades STEAM en alumnos/as e profesorado, enfocado na aprendizaxe participativa e inclusiva).

Ademáis  de coñecer o seu sistema educativo e o uso das novas tecnoloxías, tamén fixemos outras visitas culturais moi interesantes nesta fermosa cidade con tanta historia. 

Podedes ver un resumo neste video:

Enlace ao video

    Plaza de María Teresa de Austria (1717-1780), única muller que gobernou sobre os dominios dos Habsburgo.

Preparando situacións de aprendizaxe en equipo con ferramentas de intelixencia artificial no centro Future Learning Lab (FLL), en Viena:

https://www.instagram.com/reel/DWQ75FwiKhT/?igsh=ZzkyY2l4dHl4cDMz



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.