jueves, 30 de mayo de 2024

Neumática

 En 4º E.S.O. realízase a montaxe de diferentes circuitos neumáticos conectados ao comprasor de aire, facendo práctica a teoría estudada na clase.



ARCOS

Despóis de estudar en clase a importancia deste elemento nas estruturas abovedadas, cada grupo  de 1º E.S.O. construeu un cun kit de pezas de madeira do departamento de tecnoloxía.

Comprobaron que os arcos de medio punto non precisan de ningún tipo de  cemento que pegue as pezas entre sí. E así o fixemos na clase, esperando que ao colocar a derradeira dovela no punto máis alto (a clave), grazas á forma das pezas a forza da gravidade actuase facendo que as cargas se repartisen transmitíndose aos pilares e logo ao chan e, así, o arco se mantivese en pé ao retirar o soporte de madeira.



Motorista

 Proxecto feito nos recreos por un grupo de alumnos ao que lle interesaba practicar operacións con certas ferramentas necesarias para construilo. Leva un circuito eléctrico con interruptor e motor cunha transmisión do movimiento circular con correa e polea.


lunes, 13 de mayo de 2024

Arquitectura bioclimática e domótica.

 En 4º E.S.O. fixeron carteis informativos sobre o tema dado en clase de tecnoloxía para expoñer no centro:










jueves, 2 de mayo de 2024

CRTVG, Camiño, museos e tellados da Catedral de Santiago

 O alumnado de 4º E.S.O. xunto cos seus profesores: Mar, Fernando e Teresa (dos departamentos de relixión, inglés e tecnoloxía, respectivamente), visitou a televisión e a radio galega, os seus platós, salas de control, audiovisuais, participando incluso en directo no programa A BÓLA EXTRA onde se divertiron coa entrevista tan simpática que lles fixeron. O alumnado pediu coñecer ao presentador Xosé Ramón Gayoso, e amablemente veu e contounos moitas cousas, accedeu a sacarse fotos con todos nós e poidemos comprobar en persoa por que a xente o aprecia tanto.

Logo fixemos o Camiño dende a CRTVG (en San Marcos) ata a Catedral, algúns alumnos e alumnas non o quiseron continuar dende o Monte do Gozo porque logo de ter camiñado 3.6 km lles supoñía moito esforzo seguer ata a Plaza do Obradoiro, e foron no bus. Foron 7.1 km, hora e media de camiño que sempre lembraremos como unha experiencia enriquecedora, o alumnado entrevistaba en inglés aos peregrinos de diferentes países coma Islandia, Vietnán, Alemania, ...

E pola tarde visitamos os museos da catedral, o seu interior, a tumba do apóstol Santiago e subimos aos tellados da catedral, con guía en inglés, aprendendo historia e admirando as vistas.

Pasamos un día estupendo non so pola calidade das visitas, senón tamén pola boa actitude dos participantes en todo momento.





























Creamos mandos para os xogos programados.

En 1º E.S.O. programaron na clase varios xogos co software de programación gráfica (arrastrando bloques sen ter que escribir as liñas de código) chamado Scratch, feito polo MIT para que se aprenda programación na escola.

Despois de varios xogos programados, fixeron os mandos para xogar en lugar de empregar o teclado do computador.

 Empregaron cartón, cinta de cobre e plastilina conductora para os botóns, a tarxeta Makey Makey para conectar co computador e cables con pinzas cocodrilo para cada mando.

k



O proceso de construción:



Y, de momento, así van los de los 9 grupos de 1° B