O noso colexio, e en concreto o departamento de tecnoloxía, participa no Erasmus+ Escolar nunha formación coa temática STEAM/dixital organizado polo CFR de Ferrol xunto con outros colexios da comarca. Viaxamos a Mersin( Turquía) entre o 18 e 24 de novembro, deste curso escolar 2023/24, para visitar outros colexios neste país achegándonos a outro sistema educativo e cultura.
Neste blog mostraranse algúns proxectos e traballos que se fan na clase de tecnoloxía, a parte práctica. "O que temos que aprender a facer, o aprendemos facéndoo" ( Aristóteles IV a.C. )
jueves, 16 de noviembre de 2023
Erasmus+ STEAM/dixital
jueves, 9 de noviembre de 2023
Carteis feitos para celebrar o Día do/a Inventor/a
En 1° de E.S.O. nas clases de tecnoloxía fixemos en grupos, de 4 ou 5 persoas traballando simultáneamente, carteis no software online Canva para celebrar o Día do/a Inventor/a, hoxe día 9 de novembro, adicado a Hedy Lamarr, e así repasar o tema 1, que explica o proceso tecnolóxico e a orixe dos productos tecnolóxicos que nos rodean, facendo unha investigación sobre algúns inventos e sobre as súas inventoras ou inventores.
Facendo especial mención a esas inventoras con enorme talento e mérito, que aínda que o tiñan prohibido e a sociedade non era xusta na igualdade, elas facían o seu traballo a pesar desa enorme dificultade.
O 19 de decembro faremos unha actividade extraescolar que consiste en visitar o museo de tecnoloxía Muncyt, en A Coruña, para ver moitos destos inventos alí expostos e facer un xogo en grupo para investigalos. Por exemplo, veremos o libro electromecánico, precursor do eBook (libro electrónico), que inventou Ánxela Ruíz Robles, mestra en Ferrol. Tamén inventos feitos en Galicia, e en España, que son moitos e te sorprenderán!!!
Están expostos no colexio no taboleiro da entrada:
Para velos mellor, os once carteis son os seguintes:
martes, 7 de noviembre de 2023
O alumnado de 4° participa no concurso galego XIV A Maxia da Robótica.
Onte, 7 de novembro, o alumnado de 4° E.S.O. participou nas actividades extraescolares organizadas polo departamento de tecnoloxía e foron a A Coruña coas súas profesoras Mar e Teresa para participar no XIV Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica, para así continuar aprendendo de modo lúdico os conceptos básicos da programación de robots e resolver, en pequenos grupos, uns desafíos propostos que puntuarán para o concurso. Neste concurso participan máis de 800 alumnos e alumnas de toda Galicia.
A programación dos robots lego EV3, realizarase cun sistema de programación baseado en Labview, o estándar en control na industria.
Ademáis, tamén visitamos de xeito guiado o museo de tecnoloxía Muncyt, onde viron diferentes inventos e xogaron en grupos a investigar sobre eles.