jueves, 16 de noviembre de 2023

Erasmus+ STEAM/dixital

 O noso colexio, e en concreto o departamento de tecnoloxía, participa no Erasmus+ Escolar nunha formación coa temática STEAM/dixital organizado polo CFR de Ferrol xunto con outros colexios da comarca. Viaxamos a Mersin( Turquía) entre o 18 e 24 de novembro, deste curso escolar 2023/24, para visitar outros colexios neste país achegándonos a outro sistema educativo e cultura. 


O muro da biblioteca pública de Mersin:

E a súa entrada coa imaxe pintada de Atatürk:

O sistema educativo en Turquía:


STEAM en las escuelas de Mersín, Turquía. Clica neste enlace para velo video:

Enlace a: STEAM en TURQUÍA.




Visitamos un colexio privado, clica no seguinte enlace para velo video:




Visitas culturais en Mersín:

 Clica na seguinte imaxen, decoración nunha tenda de roupa da cidade, para velo video:


Visitas culturais en Estambul:

Clica na imaxe para velo video.



O Erasmus é unha experiencia moi enriquecedora, tanto para o alumnado como para o profesorado. Neste país comprobamos como aplican as  materias STEAM (ciencia, tecnoloxía enxeñería, arte e matemáticas) de xeito directo, compartindo ideas e experimentando coas ferramentas dixitais e materiais que tan amistosamente nos amosaron tanto o profesorado como os nenos e nenas nas súas aulas nese colexio privado que poidemos visitar e tamén no centro de formación do profesorado na cidade de Mersin.








jueves, 9 de noviembre de 2023

Carteis feitos para celebrar o Día do/a Inventor/a

 En 1° de E.S.O. nas clases de tecnoloxía fixemos en grupos, de 4 ou 5 persoas traballando simultáneamente, carteis no software online Canva para celebrar o Día do/a Inventor/a, hoxe día 9 de novembro, adicado a Hedy Lamarr, e así repasar o tema 1, que explica o proceso tecnolóxico e a orixe dos productos tecnolóxicos que nos rodean, facendo unha investigación sobre algúns inventos e sobre as súas inventoras ou inventores.

 Facendo especial mención a esas inventoras con enorme talento e mérito, que aínda que o tiñan prohibido e a sociedade non era xusta na igualdade, elas facían o seu traballo a pesar desa enorme dificultade.

O 19 de decembro faremos unha actividade extraescolar que consiste en visitar o museo de tecnoloxía Muncyt, en A Coruña, para ver moitos destos inventos alí expostos e facer un xogo en grupo para investigalos. Por exemplo, veremos o libro electromecánico, precursor do eBook (libro electrónico), que inventou Ánxela Ruíz Robles, mestra en Ferrol. Tamén inventos feitos en Galicia, e en España, que son moitos e te sorprenderán!!!

Están expostos no colexio no taboleiro da entrada:

Para velos mellor, os once carteis son os seguintes:










martes, 7 de noviembre de 2023

O alumnado de 4° participa no concurso galego XIV A Maxia da Robótica.

 Onte, 7 de novembro, o alumnado de 4° E.S.O. participou nas actividades extraescolares organizadas polo departamento de tecnoloxía e foron a A Coruña coas súas profesoras Mar e Teresa para participar no XIV Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica, para así continuar aprendendo de modo lúdico os conceptos básicos da programación de robots e resolver, en pequenos grupos, uns desafíos propostos que puntuarán para o concurso. Neste concurso participan máis de 800 alumnos e alumnas de toda Galicia.



A programación dos robots lego EV3, realizarase cun sistema de programación baseado en Labview, o estándar en control na industria.

Ademáis, tamén visitamos de xeito guiado o museo de tecnoloxía Muncyt, onde viron diferentes inventos e xogaron en grupos a investigar sobre eles. 




E para finalizar a xornada, fumos ao monte de San Pedro para xantar coas espectaculares vistas de a cidade antes do regreso ao colexio. 
O alumnado tivo un comportamento exemplar en todo momento. Noraboa a todos e todas!!