martes, 19 de noviembre de 2024

A importancia da igualdade nos postos de traballo da tecnoloxía dixital.

  O 25 de novembro é o Día  Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, así que nas clases de tecnoloxía DE 1º E.S.O. da semana pasada, buscamos información sobre a dicriminación que houbo hacia a muller na tecnoloxía dixital e que aínda perdura nos libros e na sociedade actual polo que a Unesco e as escolas de enxeñería informática, así coma as grandes compañías apostan pola diversidade nos postos de traballo para que os productos no mercado cheguen a toda a sociedade e sexan de maior calidade e utilidade, dándose conta de que a discriminación non recoñecida se aplica nos algoritmos das aplicación informáticas e nos resultados da intelixencia artificial.

O alumnado fixo un cartel en canva (software creado pola australiana Melanie Perkins, neste enlace a súa historia https://www.youtube.com/watch?v=UaAYCN0TN98de xeito individual ou colectivo en grupos de dous para expoñer no colexio, no que se recoñece o traballo feito polas mulleres neste sector.

O resultado:


Algunhos exemplos de carteis feitos polo alumnado:










domingo, 17 de noviembre de 2024

Nanotecnoloxía no museo Muncyt

 1° E.S.O. realizou unha visita guiada polos inventos do Muncyt, explicándolles por exemplo o funcionamento do anterior faro da Torre de Hércules( engranaxes ) e o seu código de luces(4 luces por segundo) e a distancia que alcanza(40km), antes de ir ao museo tamén visitamos a torre. E tamén, no museo, realizouse un obradoiro para entender os materiais creados con nanopartículas e as súas aplicacións na medicina e na industria. Fixeron unhas reaccións químicas para separar a materia en pequenas esferas.  Algunhas fotos do dia: