Neste blog mostraranse algúns proxectos e traballos que se fan na clase de tecnoloxía, a parte práctica. "O que temos que aprender a facer, o aprendemos facéndoo" ( Aristóteles IV a.C. )
martes, 19 de noviembre de 2024
domingo, 17 de noviembre de 2024
Nanotecnoloxía no museo Muncyt
1° E.S.O. realizou unha visita guiada polos inventos do Muncyt, explicándolles por exemplo o funcionamento do anterior faro da Torre de Hércules( engranaxes ) e o seu código de luces(4 luces por segundo) e a distancia que alcanza(40km), antes de ir ao museo tamén visitamos a torre. E tamén, no museo, realizouse un obradoiro para entender os materiais creados con nanopartículas e as súas aplicacións na medicina e na industria. Fixeron unhas reaccións químicas para separar a materia en pequenas esferas. Algunhas fotos do dia: