martes, 19 de noviembre de 2024

A importancia da igualdade nos postos de traballo da tecnoloxía dixital.

  O 25 de novembro é o Día  Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, así que nas clases de tecnoloxía DE 1º E.S.O. da semana pasada, buscamos información sobre a dicriminación que houbo hacia a muller na tecnoloxía dixital e que aínda perdura nos libros e na sociedade actual polo que a Unesco e as escolas de enxeñería informática, así coma as grandes compañías apostan pola diversidade nos postos de traballo para que os productos no mercado cheguen a toda a sociedade e sexan de maior calidade e utilidade, dándose conta de que a discriminación non recoñecida se aplica nos algoritmos das aplicación informáticas e nos resultados da intelixencia artificial.

O alumnado fixo un cartel en canva (software creado pola australiana Melanie Perkins, neste enlace a súa historia https://www.youtube.com/watch?v=UaAYCN0TN98de xeito individual ou colectivo en grupos de dous para expoñer no colexio, no que se recoñece o traballo feito polas mulleres neste sector.

O resultado:


Algunhos exemplos de carteis feitos polo alumnado:










No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.