viernes, 17 de enero de 2020

PROFESORADO DE FINLANDIA E DE GALES NO C.P.I. SAN SADURNIÑO.


O 16 de xaneiro, profesores e profesoras de Finlandia e de Gales, involucrados no Erasmus+ Robot Dance, visitáronnos para ver o traballo relacionado coa robótica que se levou a cabo no noso centro.
Estiveron dende as 10:00 da mañá ata as 13:00. O profesorado de Gales en primaria, e o de Finlandia en secundaria.
En secundaria, a profesora de tecnoloxía dividiu a xornada en dúas partes: 
- De 10:15 a 11:30 estivemos na aula de 4º E.S.O., onde cada alumno e alumna explicoulles en inglés, os diferentes retos de robótica programados co software Lego Mindstorms EV3  na materia de tecnoloxía, amosándolles o resultado de cada programa cos robots. Logo, xogamos con dous robots programados para loitar nun taboleiro, construídos cunha forma apropiada para tal, e dirixíndo cada robot coa súa baliza emisora de infravermellos. E, para rematar a primeira parte, propuxémoslles un obradoiro de formación para que programasen eles ese último reto.

   

Parabéns aos alumnos e alumnas participantes neste Erasmus: Lucía, José Luis, Pablo, Bruno, Iago, Jorge e Catalina, polo traballo feito e, sobre todo, pola súa excelente actitude, que provocou un forte aplauso dos profesores finlandeses ao despedirse deles.






- De 12:00 a 13:00 no taller de tecnoloxía: a profesora desta materia coa axuda da profesora Mar traducindo, mostroulles diferentes proxectos de electrónica programados con Arduino, robots construídos o curso pasado polo seu alumnado e programados con Arduino, robots construidos con sensores e sen eles, que se poden ou non programar....en definitiva, unha mostra de como se introduce a robótica en secundaria.

miércoles, 15 de enero de 2020

ENCONTRO INTERNACIONAL ERASMUS+ EN FERROL:


O  15 de xaneiro do 2020 celebrouse no CIS de Ferrol este evento, no que o profesorado do noso colexio que participa no Erasmus+ KA201 Robot  Dance (último curso, 2019-2020):  Teresa, Iván e Mar, amosaron os proxectos de robótica feitos nas súas clases co seu alumnado, especialmente o que acordou o profesorado dos tres países participantes (España, Gales e Finlandia) cando comezaron a traballar neste Erasmus(curso 2017-2018), que é programar os robots Lego EV3 para que, entre outros retos, bailen unha melodía.
De primaria mostraron e programaron robots Mbot e Beebot  e  de secundaria mostraron e programaron os cinco robots Kakuribots construidos polo alumnado de 4º E.S.O. e, tamén, robots Lego Mindstorms EV3.


A mesa do noso proxecto Erasmus Robot Dance:


Profesorado dos centros de Gales, Finlandia e de España (C.P.I. San Sadurniño, C.P.I. A Xunqueira de Fene e I.E.S. Sofía Casanova de ferrol):
 

Os robots Kakuribots feitos polo alumnado de 4º o curso 2018-19 en clase de tecnoloxía, cos compoñentes electrónicos soldados na placa de circuito impreso e programados con Arduino, e cun módulo Bluetooth para que se poida controlar o movemento  do robot mediante unha app descargada nunha tablet ou móvil.
Levamos un xogo que creamos para mover o robot por un taboleiro, de xeito que pare xusto na caixa onde se atopa a imaxe da muller científica ou inventora sobre a que se está a preguntar no xogo.





Robots Lego construídos e programados polo alumnado de 4º na clase de tecnoloxía: