martes, 19 de diciembre de 2023

Visita ao museo Muncyt

 1° e 2° E.S.O. visitamos hoxe, 19 decembro, o museo Muncyt para ver algúns dos inventos falados na clase de tecnoloxía e moitos outros, contáronnos a súa historia e a das persoas que os inventaron, datos interesantes e xogo por equipos para buscalos, había cen expostos, un de cada ano do século XX. 

A merenda fixémola preto do museo, no monte de San Pedro, coas fermosas vistas de toda a cidade.











lunes, 18 de diciembre de 2023

Levamos a robótica ao Centro de Día de San Sadurniño.

 Unímonos á actividade organizada polo departamento de relixión de  visitar aos nosos maiores ao Centro de Día de San Sadurniño, mostrándolles bailes e cantos ensaiados nesa materia. Nos levamos un dos robots do taller para mostrarlles os sensores que ten e algún dos programas que programamos en clase de tecnoloxía. Aingerua e irene, de 4º E.S.O., foron as encargadas de informarlles e mostrarlles, e o fixeron perfecto. Esperamos que lles gustara, dixeron que ao robot víaselle ganas de traballar . Foi unha experiencia enriquecedora para todos.





miércoles, 13 de diciembre de 2023

Expositor do proxecto:

 En 2° E.S.O. un grupo de alumnas que finalizaron o proxecto do triciclo con mando inversor de xiro do motor, mentras os demáis grupos seguían a construílo, tiveron a idea de facer este expositor con circuito de tres leds e interruptor na caixa, para deixar o seu proxecto no taller de tecnoloxía. Na caixa pegaron un código QR que crearon para enlazar co vídeo do seu triciclo en funcionamento. Parabéns porque foi unha idea creativa e moi ben feita!