viernes, 24 de enero de 2025

Mecanismos con forma de robots

 Traballando en pequenos grupos, en 4º ESO construíron estos mecanismos con forma de robots cun circuito eléctrico que lles permite desplazarse lentamente.


Probamos a editar co croma para presentalos e quedounos así de ben😅:







jueves, 23 de enero de 2025

Estruturas resistentes.

 En 1º ESO, aproveitando os coñecementos sobre os elementos das estructuras e os esforzos que soportan, e o aprendido sobre técnicas de construcción, os alumnos e alumnas construíron en grupos de catro, estructuras que resisten máis de 70 kg so empregando perfis de papel unidos con cola. quedando claro así a importancia non so do material, senón tamén da súa colocación para o reparto correcto de forzas.







Visitamos as instalacións da CRTVG e do CESGA, e os tellados da catedral de Santiago.

 O departamento de tecnoloxía organizou a visita guiada, o 18 de decembro, das instalacións da radio e da televisión de Galicia, a visita terminou cunha gran sorpresa para todos, pois veu a saludarnos o presentador estrela da TVG, O señor Galloso, que estivo moi atento con todos e prestouse a sacar unha foto de recordo que tanta  ilusión lle facía ao alumnado para ensinarlles á familia.



Tamén visitamos o Centro de Supercomputación de Galicia, onde nos sorprendeu o custe que teñen de enerxía ao ano, uns 800.000 € e que non dispoñan dunha bomba de calor para aproveitar a enerxía xeotérmica. Tamén nos informaron da cantidade de traballos que fan para moitas empresas cos seus ordenadores de alta velocidade. a súa labor consiste en "Promover e participar na elaboración de proxectos de investigación e desarrollo tecnolóxico. Proporcionar capacidade de cálculo, comunicacións e soporte técnico aos seus usuarios mediante o equipamento dispoñible na Fundación."




Nesta foto, vese parte do cableado do sistema de refrixeración que precisan para semellantes equipos:



E subimos aos tellados da catedral....chovendo moito!!..














lunes, 16 de diciembre de 2024

Pezas decorativas de Nadal coa cortadora láser

 Emprego da cortadora láser, que chegou este ano enviada pola Xunta para a aula Recuncho Creativo, material de Polos Creativos, para cortar e grabar diferentes estrelas e copos de neve e así decorar aulas e portas.



martes, 19 de noviembre de 2024

A importancia da igualdade nos postos de traballo da tecnoloxía dixital.

  O 25 de novembro é o Día  Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, así que nas clases de tecnoloxía DE 1º E.S.O. da semana pasada, buscamos información sobre a dicriminación que houbo hacia a muller na tecnoloxía dixital e que aínda perdura nos libros e na sociedade actual polo que a Unesco e as escolas de enxeñería informática, así coma as grandes compañías apostan pola diversidade nos postos de traballo para que os productos no mercado cheguen a toda a sociedade e sexan de maior calidade e utilidade, dándose conta de que a discriminación non recoñecida se aplica nos algoritmos das aplicación informáticas e nos resultados da intelixencia artificial.

O alumnado fixo un cartel en canva (software creado pola australiana Melanie Perkins, neste enlace a súa historia https://www.youtube.com/watch?v=UaAYCN0TN98) de xeito individual ou colectivo en grupos de dous para expoñer no colexio, no que se recoñece o traballo feito polas mulleres neste sector.

O resultado:


Algunhos exemplos de carteis feitos polo alumnado:










domingo, 17 de noviembre de 2024

Nanotecnoloxía no museo Muncyt

 1° E.S.O. realizou unha visita guiada polos inventos do Muncyt, explicándolles por exemplo o funcionamento do anterior faro da Torre de Hércules( engranaxes ) e o seu código de luces(4 luces por segundo) e a distancia que alcanza(40km), antes de ir ao museo tamén visitamos a torre. E tamén, no museo, realizouse un obradoiro para entender os materiais creados con nanopartículas e as súas aplicacións na medicina e na industria. Fixeron unhas reaccións químicas para separar a materia en pequenas esferas.  Algunhas fotos do dia:





martes, 29 de octubre de 2024

Concurso galego de programación de robots e biomímesis no museo Muncyt.

 O 24 de outubro o alumnado de 4º ESO participou no concurso galego de robótica organizado por Igaciencia en A Coruña, cos robots Lego, como os que programamos no taller de tecnoloxía nas clases.

 O alumnado programou os robots para resolver varios retos, aprendendo, así,  a organizarse en grupos e a facer algoritmos exitosos, desarrollando o pensamento computacional, a creatividade e a resolución de problemas. 

O organismo organizador resaltou a boa actitude do noso alumnado.





E tamén visitamos o museo de tecnoloxía Muncyt, facendo por grupos un xogo con preguntas sobre a biomímesis dalgúns inventos expostos e moi ben explicados polo guía do museo, Daniel, que tamén resaltou a boa actitude do grupo.



lunes, 14 de octubre de 2024

Inducción electromagnética: transmitimos enerxía de forma inalámbrica.

 En 2º E.S.O. construímos dous bobinas, unha conectada a un led e a outra conectada á pila. Facemos o proxecto en grupos de 4 persoas.

 

Encenderemos o led sen conectalo a unha pila, farémolo ao acercalo á bobina da pila, pois por ela ao circular a corrente eléctrica, xenerarase un campo magnético arredor. 

Colocaremos un transistor conectado para que aumente a corrente eléctrica, así o campo magnético tamén será maior e cando aproximemos a bobina do led, fará que os electróns de esa bobina comencen a moverse, xenerando unha CORRENTE ELÉCTRICA INDUCIDA e o led dará luz.

Cantas máis voltas ou espiras teña a bobina, máis campo magnético xenerarase ao circular a corrente eléctrica pola bobina. Na bobina conectada á pila daremos 10 voltas, sen cortar o fío de cobre, faremos un bucle de 5 cm de largo e daremos 15 voltas máis. A bobina que vai ao led é máis doado facela, pois so leva 25 voltas.

jueves, 10 de octubre de 2024

Robótica en 4º ESO cos robots LEGO Mindstorms EV3

 Comezamos coa robótica en outubro para ir o día 24 deste mes ao concurso galego de robótica que organiza Igaciencia en A Coruña: " A Maxia da Robótica"

Alguns retos programados e superados cos cinco robots que temos no taller:


 



CURSO 2024/25 A TECNOLOXÍA AO LONGO DA HISTORIA

 En 4º ESO fixeron , logo de dar o tema na clase, estos traballos para expoñer na entrada do cole:

Fixéronnos en grupos de catro no taller de tecnoloxía.

DETALLE: