O 24 de outubro o alumnado de 4º ESO participou no concurso galego de robótica organizado por Igaciencia en A Coruña, cos robots Lego, como os que programamos no taller de tecnoloxía nas clases.
O alumnado programou os robots para resolver varios retos, aprendendo, así, a organizarse en grupos e a facer algoritmos exitosos, desarrollando o pensamento computacional, a creatividade e a resolución de problemas.
O organismo organizador resaltou a boa actitude do noso alumnado.
E tamén visitamos o museo de tecnoloxía Muncyt, facendo por grupos un xogo con preguntas sobre a biomímesis dalgúns inventos expostos e moi ben explicados polo guía do museo, Daniel, que tamén resaltou a boa actitude do grupo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.