En 2º E.S.O. construímos dous bobinas, unha conectada a un led e a outra conectada á pila. Facemos o proxecto en grupos de 4 persoas.
Encenderemos o led sen conectalo a unha pila, farémolo ao acercalo á bobina da pila, pois por ela ao circular a corrente eléctrica, xenerarase un campo magnético arredor.
Colocaremos un transistor conectado para que aumente a corrente eléctrica, así o campo magnético tamén será maior e cando aproximemos a bobina do led, fará que os electróns de esa bobina comencen a moverse, xenerando unha CORRENTE ELÉCTRICA INDUCIDA e o led dará luz.
Cantas máis voltas ou espiras teña a bobina, máis campo magnético xenerarase ao circular a corrente eléctrica pola bobina. Na bobina conectada á pila daremos 10 voltas, sen cortar o fío de cobre, faremos un bucle de 5 cm de largo e daremos 15 voltas máis. A bobina que vai ao led é máis doado facela, pois so leva 25 voltas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.