lunes, 13 de mayo de 2024

jueves, 2 de mayo de 2024

CRTVG, Camiño, museos e tellados da Catedral de Santiago

 O alumnado de 4º E.S.O. xunto cos seus profesores: Mar, Fernando e Teresa (dos departamentos de relixión, inglés e tecnoloxía, respectivamente), visitou a televisión e a radio galega, os seus platós, salas de control, audiovisuais, participando incluso en directo no programa A BÓLA EXTRA onde se divertiron coa entrevista tan simpática que lles fixeron. O alumnado pediu coñecer ao presentador Xosé Ramón Gayoso, e amablemente veu e contounos moitas cousas, accedeu a sacarse fotos con todos nós e poidemos comprobar en persoa por que a xente o aprecia tanto.

Logo fixemos o Camiño dende a CRTVG (en San Marcos) ata a Catedral, algúns alumnos e alumnas non o quiseron continuar dende o Monte do Gozo porque logo de ter camiñado 3.6 km lles supoñía moito esforzo seguer ata a Plaza do Obradoiro, e foron no bus. Foron 7.1 km, hora e media de camiño que sempre lembraremos como unha experiencia enriquecedora, o alumnado entrevistaba en inglés aos peregrinos de diferentes países coma Islandia, Vietnán, Alemania, ...

E pola tarde visitamos os museos da catedral, o seu interior, a tumba do apóstol Santiago e subimos aos tellados da catedral, con guía en inglés, aprendendo historia e admirando as vistas.

Pasamos un día estupendo non so pola calidade das visitas, senón tamén pola boa actitude dos participantes en todo momento.





























Creamos mandos para os xogos programados.

En 1º E.S.O. programaron na clase varios xogos co software de programación gráfica (arrastrando bloques sen ter que escribir as liñas de código) chamado Scratch, feito polo MIT para que se aprenda programación na escola.

Despois de varios xogos programados, fixeron os mandos para xogar en lugar de empregar o teclado do computador.

 Empregaron cartón, cinta de cobre e plastilina conductora para os botóns, a tarxeta Makey Makey para conectar co computador e cables con pinzas cocodrilo para cada mando.

k



O proceso de construción:



Y, de momento, así van los de los 9 grupos de 1° B