O alumnado de 4º E.S.O. xunto cos seus profesores: Mar, Fernando e Teresa (dos departamentos de relixión, inglés e tecnoloxía, respectivamente), visitou a televisión e a radio galega, os seus platós, salas de control, audiovisuais, participando incluso en directo no programa A BÓLA EXTRA onde se divertiron coa entrevista tan simpática que lles fixeron. O alumnado pediu coñecer ao presentador Xosé Ramón Gayoso, e amablemente veu e contounos moitas cousas, accedeu a sacarse fotos con todos nós e poidemos comprobar en persoa por que a xente o aprecia tanto.
Logo fixemos o Camiño dende a CRTVG (en San Marcos) ata a Catedral, algúns alumnos e alumnas non o quiseron continuar dende o Monte do Gozo porque logo de ter camiñado 3.6 km lles supoñía moito esforzo seguer ata a Plaza do Obradoiro, e foron no bus. Foron 7.1 km, hora e media de camiño que sempre lembraremos como unha experiencia enriquecedora, o alumnado entrevistaba en inglés aos peregrinos de diferentes países coma Islandia, Vietnán, Alemania, ...
E pola tarde visitamos os museos da catedral, o seu interior, a tumba do apóstol Santiago e subimos aos tellados da catedral, con guía en inglés, aprendendo historia e admirando as vistas.
Pasamos un día estupendo non so pola calidade das visitas, senón tamén pola boa actitude dos participantes en todo momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.