O departamento de tecnoloxía organizou a visita guiada, o 18 de decembro, das instalacións da radio e da televisión de Galicia, a visita terminou cunha gran sorpresa para todos, pois veu a saludarnos o presentador estrela da TVG, O señor Galloso, que estivo moi atento con todos e prestouse a sacar unha foto de recordo que tanta ilusión lle facía ao alumnado para ensinarlles á familia.
Tamén visitamos o Centro de Supercomputación de Galicia, onde nos sorprendeu o custe que teñen de enerxía ao ano, uns 800.000 € e que non dispoñan dunha bomba de calor para aproveitar a enerxía xeotérmica. Tamén nos informaron da cantidade de traballos que fan para moitas empresas cos seus ordenadores de alta velocidade. a súa labor consiste en "Promover e participar na elaboración de proxectos de investigación e desarrollo tecnolóxico. Proporcionar capacidade de cálculo, comunicacións e soporte técnico aos seus usuarios mediante o equipamento dispoñible na Fundación."
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.