martes, 29 de octubre de 2024

Concurso galego de programación de robots e biomímesis no museo Muncyt.

 O 24 de outubro o alumnado de 4º ESO participou no concurso galego de robótica organizado por Igaciencia en A Coruña, cos robots Lego, como os que programamos no taller de tecnoloxía nas clases.

 O alumnado programou os robots para resolver varios retos, aprendendo, así,  a organizarse en grupos e a facer algoritmos exitosos, desarrollando o pensamento computacional, a creatividade e a resolución de problemas. 

O organismo organizador resaltou a boa actitude do noso alumnado.





E tamén visitamos o museo de tecnoloxía Muncyt, facendo por grupos un xogo con preguntas sobre a biomímesis dalgúns inventos expostos e moi ben explicados polo guía do museo, Daniel, que tamén resaltou a boa actitude do grupo.



lunes, 14 de octubre de 2024

Inducción electromagnética: transmitimos enerxía de forma inalámbrica.

 En 2º E.S.O. construímos dous bobinas, unha conectada a un led e a outra conectada á pila. Facemos o proxecto en grupos de 4 persoas.

 

Encenderemos o led sen conectalo a unha pila, farémolo ao acercalo á bobina da pila, pois por ela ao circular a corrente eléctrica, xenerarase un campo magnético arredor. 

Colocaremos un transistor conectado para que aumente a corrente eléctrica, así o campo magnético tamén será maior e cando aproximemos a bobina do led, fará que os electróns de esa bobina comencen a moverse, xenerando unha CORRENTE ELÉCTRICA INDUCIDA e o led dará luz.

Cantas máis voltas ou espiras teña a bobina, máis campo magnético xenerarase ao circular a corrente eléctrica pola bobina. Na bobina conectada á pila daremos 10 voltas, sen cortar o fío de cobre, faremos un bucle de 5 cm de largo e daremos 15 voltas máis. A bobina que vai ao led é máis doado facela, pois so leva 25 voltas.

jueves, 10 de octubre de 2024

Robótica en 4º ESO cos robots LEGO Mindstorms EV3

 Comezamos coa robótica en outubro para ir o día 24 deste mes ao concurso galego de robótica que organiza Igaciencia en A Coruña: " A Maxia da Robótica"

Alguns retos programados e superados cos cinco robots que temos no taller:


 



CURSO 2024/25 A TECNOLOXÍA AO LONGO DA HISTORIA

 En 4º ESO fixeron , logo de dar o tema na clase, estos traballos para expoñer na entrada do cole:

Fixéronnos en grupos de catro no taller de tecnoloxía.

DETALLE: