O 15 de xaneiro do 2020 celebrouse no CIS de Ferrol este
evento, no que o profesorado do noso colexio que participa no Erasmus+ KA201 Robot Dance (último curso, 2019-2020): Teresa, Iván e Mar, amosaron os proxectos
de robótica feitos nas súas clases co seu alumnado, especialmente o que acordou
o profesorado dos tres países participantes (España, Gales e Finlandia) cando comezaron
a traballar neste Erasmus(curso 2017-2018), que é programar os robots Lego EV3
para que, entre outros retos, bailen unha melodía.
De primaria mostraron e
programaron robots Mbot e Beebot e de secundaria mostraron e programaron os cinco
robots Kakuribots construidos polo alumnado de 4º E.S.O. e, tamén, robots Lego Mindstorms
EV3.
A mesa do noso proxecto Erasmus Robot Dance:
Profesorado dos centros de Gales, Finlandia e de España (C.P.I. San
Sadurniño, C.P.I. A Xunqueira de Fene e I.E.S. Sofía Casanova de ferrol):
Os robots Kakuribots feitos polo alumnado de 4º o curso 2018-19 en
clase de tecnoloxía, cos compoñentes electrónicos soldados na placa de circuito
impreso e programados con Arduino, e cun módulo Bluetooth para que se poida
controlar o movemento do robot mediante
unha app descargada nunha tablet ou móvil.
Levamos un xogo que creamos para mover o robot por un
taboleiro, de xeito que pare xusto na caixa onde se atopa a imaxe da muller
científica ou inventora sobre a que se está a preguntar no xogo.
Robots Lego construídos e programados polo
alumnado de 4º na clase de tecnoloxía:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.