En grupos de catro alumnos/as fixeron este proxecto:
O seu funcionamento:
Neste blog mostraranse algúns proxectos e traballos que se fan na clase de tecnoloxía, a parte práctica. "O que temos que aprender a facer, aprendémolo facendo" (Aristóteles, IV a.C. )
En 4º eso empregamos este robotiño que mandaron este ano dende a Consellería como material de Polos Creativos para crear algoritmos e ir superando retos co robot.Así practicamos as tres estructuras básicas da programación: secuencial, bucle e condicional.
E así funciona cumplindo os retos propostos:
En 4° E.S.O. programamos con Arduino varios circuitos electrónicos diferentes ( con leds, zumbadores, sensores ultrasóns, led RGB, ...) e hoxe tocou programar que na pantalla dunha LCD se escriban unhos textos escollidos polos programadores.
Os videos das actividades feitas no curso 2023/24:
Enlace ao apartado de Polos Creativos na web do centro web do noso centro:
O día 26 de novembro, o alumnado de 1°de E.S.O. reforzou a súa aprendizaxe dos temas dados en clase, "O proceso tecnolóxico: Inventos", e o tema sobre as "estruturas", visitando estos lugares en A Coruña.
No muelle de Batería do porto vimos o inicio do "proxecto Coruña Marítima" e o seu obxetivo de transformación e reordenación do espazo portuario interior da ciudade. E tivemos o privilexio de ver a exposición fotográfica da recoñecida artista e fotógrafa Annie Leibovitz.
Na fundación MOP puidemos comprobar como reutilizaron as estruturas existentes, tres silos e unha nave industrial, da empresa Cementos do Cantábrico (1960), para transformalos nun espazo cultural aberto aos cidadáns.
En 1° fixeron estes carteis co entorno de Canva e de xeito colaborativo entre dous alumnos/as en liña.
Expoñémolos na cortiza da entrada, preto ao taller de tecnoloxía, para informar a todo o colectivo educativo do noso colexio. E así observaban algunhas alumnas, o resultado do seu excelente traballo. Noraboa!!👏👏👏
En 2° ESO fixeron 10 vehículos con circuito inversor de xiro do motor, e cunha polea reductora da velocidade. En grupos de 4 persoas, cada grupo deseñou a carcasa do seu proxecto diferente. Creatividade+Técnica+Ciencia.
O resultado:
Funciona así:
En 1° fan xogos de conectar pregunta con resposta para pechar o circuíto eléctrico e así funcione a lámpara e o zumbador. Aproveitamos o tema traballado na clase sobre as inventoras, as programadoras e os edificios de Rodolfo Ucha de Ferrol. E de paso repasamos o tema estudado de electricidade.