martes, 2 de abril de 2024

Proxecto para favorecer a biodiversidade no xardín do cole

 En 1° E.S.O. un grupo foi moi veloz e rematou o proxecto do molino en dous días, así que puxéronse con outro proxecto: Un hotel de insectos para o xardín do colexio.





Electrónica programada con Arduino

 En 4° E.S.O. programamos diferentes circuitos electrónicos compostos por diodos leds, resistencias, comdensadores, sensores de luz LDR, sensores de distancia ultrasónicos, led RGB, buzzer, pulsadores...Para elo conectamos todo á placa Arsuino UNO e empregamos o entorno de programación libre IDE Arduino para escribir as liñas de código en lenguage C+ e gardalas no microprocesador da placa.

Pero antes de montar os circuitos, fixemos a simulación de cada un deles no software de Tinkercad, no que puidemos programalos con bloques e xa o propio entorno pasa o algoritmo a lenguaxe de programación C+, co cal xa temos as liñas de código para copialas e pegalas no entorno de programación de Arduino.


 
 
O diodo RGB programado para que cada x tempo alume cunha cor diferente:

 Serie de diodos leds programados para que enciendan uno tras otro cada x tiempo:




Muíños en 1º ESO

 En grupos de catro fixeron como proxecto un muíño con pezas de madeira, con mecanismo reductor de velocidade feito cunha polea e cun circuito eléctrico asociando en paralelo o motor coa bombilla.


 




Norias en 2º ESO

 En grupos de catro fixeron como proxecto unha noria con pezas de madeira, con mecanismo reductor de velocidade feito con tres poleas e cun circuito eléctrico asociando en paralelo o motor coa bombilla.







miércoles, 6 de marzo de 2024

Xogo programado- OS ESTEREOTIPOS NOS CONTOS.

Traballo feito para expoñer no colexio o día 8 de marzo, Día Internacional da muller, e así concienciar sobre os estereotipos nos contos e seguer avanzando na educación para a igualdade.

O panel do xogo e a programación do xogo con Scratch foi feita por: Nerea, Candela, Lara e Xulia de 2º E.S.O. na clase de tecnoloxía.

As imaxes que aparecen na pantalla do computador coa explicación dos estereotipos foron feitas polo alumnado de 4º E.S.O. na clase de língua galega.

Para iniciar o xogo débese clicar na bandeira verde da pantalla. Despois,  conectando co boli conector en cada personaxe do panel de cartón pluma, na pantalla do computador aparecerá a explicación dos estereotipos asociados a esa personaxe dun conto popular.

No seguinte video pódese ver como funciona:

         As explicacións dos estereotipos que se mostran na pantalla, son:


 





Tamén expusemos no colexio, os mapas interactivos de San Sadurniño feitos polos mesmos alumnos e tamén por Noa G., Íker P. e Noa L., tamén de 2° E.S.O. :






Electrónica en 4º

Fixemos varios circuitos electrónicos no taller cos kits de compoñentes de electrónica en grupos de dous.

- Detector de oscuridade para que o diodo led alume, cunha fotorresistencia ou LDR

- Intermitencia de luz cun chip temporalizador 555:



- Accionar unha luz dende outro circuito diferente cun relé:

 


- Uso dun potenciómetro ou resistencia variable para modular o son dun zumbador ou a luminosidade dun LED:






martes, 19 de diciembre de 2023

Visita ao museo Muncyt

 1° e 2° E.S.O. visitamos hoxe, 19 decembro, o museo Muncyt para ver algúns dos inventos falados na clase de tecnoloxía e moitos outros, contáronnos a súa historia e a das persoas que os inventaron, datos interesantes e xogo por equipos para buscalos, había cen expostos, un de cada ano do século XX. 

A merenda fixémola preto do museo, no monte de San Pedro, coas fermosas vistas de toda a cidade.











lunes, 18 de diciembre de 2023

Levamos a robótica ao Centro de Día de San Sadurniño.

 Unímonos á actividade organizada polo departamento de relixión de  visitar aos nosos maiores ao Centro de Día de San Sadurniño, mostrándolles bailes e cantos ensaiados nesa materia. Nos levamos un dos robots do taller para mostrarlles os sensores que ten e algún dos programas que programamos en clase de tecnoloxía. Aingerua e irene, de 4º E.S.O., foron as encargadas de informarlles e mostrarlles, e o fixeron perfecto. Esperamos que lles gustara, dixeron que ao robot víaselle ganas de traballar . Foi unha experiencia enriquecedora para todos.





miércoles, 13 de diciembre de 2023

Expositor do proxecto:

 En 2° E.S.O. un grupo de alumnas que finalizaron o proxecto do triciclo con mando inversor de xiro do motor, mentras os demáis grupos seguían a construílo, tiveron a idea de facer este expositor con circuito de tres leds e interruptor na caixa, para deixar o seu proxecto no taller de tecnoloxía. Na caixa pegaron un código QR que crearon para enlazar co vídeo do seu triciclo en funcionamento. Parabéns porque foi unha idea creativa e moi ben feita!