martes, 18 de abril de 2023

Norias- circuito mecánico e circuito eléctrico.

En 2º da E.S.O. fixemos estas norias cun circuito mecánico que consiste nunha transmisión do movemento dende o motor á noria a través dun conxunto de poleas e correas, en concreto son dúas parellas de poleas de diferente diámetro, sempre de menor a maior, para reducir a velocidade. E cun circuito eléctrico co motor e a bombilla asociados en paralelo para que funcionen con toda a enerxía da pila, e cun interruptor.


 


Fotos do proceso:



 E o funcionamento:








viernes, 10 de febrero de 2023

Carteis sobre as estructuras de Rodolfo Ucha en Ferrol

 En 1º ESO, dentro do tema ESTRUCTURAS que estudamos na clase, buscamos información sobre o arquitecto Rodolfo Ucha Piñeiro e sobre as construcións que deseñou entre 1900 e 1925 para a cidade de Ferrol traballando para o seu concello , edificios estilo modernista coa importancia que lle deron á galería, non so pola súa utilidade (protección térmica), senón tamén pola súa funcionalidade (tanto en uso coma en decoración). Fixemos carteis en grupos de dous e coa aplicación Canva para expoñelos nos corredores do cole.

Os de 1ºB quedaron así:










E os de 1ºA, así:




 


                   


miércoles, 8 de febrero de 2023

Programamos matrices de LEDs: SANSA

En 4º programamos con Arduino seis matrices de 64 leds para encender e apagar os leds que compoñan as letras de SANSA e un corazón que agranda💗, e construimos unha carcasa para que luzan así:



Estructuras de papel que resisten mais de 70 kg

 En 1º fixemos estas estructuras de papel que, a pesar do material, son tan resistentes porque usamos perfís redondos e os colocamos triangulando.

Triangulación de estructuras para que sexan resistentes:


 E crearon os logos das súas "empresas constructora":









El resultado:




martes, 7 de febrero de 2023

Circuitos eléctricos

 Seguindo varios esquemas, en 2º ESO fixemos varios circuitos con diferentes elementos e conectándoos tanto en serie coma en paralelo, comprobando a conductividade de diferentes materiais. Fixemos medidas co polímetro tanto de voltaxe, coma de resistencias  e intensidades, aplicamos a Lei de Ohm. E para rematar fixemos circuítos eléctricos de propia invención coma o que se mostra neste video:


 Probaron diferentes utilidades dos circuitos: máquina perforadora, máquina que pinta, que aluma e fai un son ao mesmo tempo,...comprobando a diferencia neste traballo cando conectaban os receptores en serie ou en paralelo; así coma a diferencia que hai ao conectar os xeneradores en serie ou en paralelo.


viernes, 3 de febrero de 2023

Máquinas programadas con ARDUINO

 En 4º fixemos estas máquinas autómatas cun circuito electrónico que programamos co software de Arduino para que os leds nos ollos parpadeen e para que ao acercarse ao sensor de ultrasons a unha distancia dada, o zumbador empece a soar coas notas dunha melodía.

 


 A carcasa da máquina fixémola con cartón no taller.

É un proxecto moi completo para rematar o tema de programación.






miércoles, 18 de enero de 2023

CIRCUITOS NEUMÁTICOS NO TALLER DE TECNOLOXÍA

En 4º facemos diferentes circuitos neumáticos para comprobar os contidos teóricos dados no tema.


 

Visita ao porto interior de A Coruña e ao museo arqueolóxico Castelo de San Antón.

O departamento de tecnoloxía organizou esta visita guiada para o alumnado de 1º E.S.O.

No porto visitaron as distintas instalacións da lonxa, aprenderon como é a captura, transporte e subasta do peixe, viron os diferentes almacéns de materias primas (millo, madeira, carbón, minerais para facer a fibra óptica, perfís de ferro para facer o formigón armado,...) e unha gran encofradora (detrás de nós na foto, a que pon SATO) para facer os caixóns de formigón armado que forman os diques.

 

A lonxa do porto de A Coruña é a que ten maior lonxitude (preto de 400 m) de España, a segunda de Europa, na foto obsérvase isto.

No museo do Castelo de San Antón visitaron e atenderon ás explicacións das distintas dependencias: o aljibe (depósito onde recollían a auga da choiva), o patio amurallado en forma de estrela para a defensa da cidade, ...e tamén viron, atendendo ás explicacións da guía, os obxectos arqueolóxicos do seu interior.

 



jueves, 8 de diciembre de 2022

Electrónica programada para o Nadal

 En 4º da E.S.O. programaron con Arduino o encendido de oito diodos leds, para así adornar, por exemplo, a árbore de Nadal feito con libros polo alumnado e organizado polo departamento de lingua galega e tamén a árbore tradicional.







martes, 6 de diciembre de 2022

Arcos de medio punto- técnicas construtivas.

Despóis de estudar en clase a importancia deste elemento nas estruturas abovedadas, cada grupo  de 1º E.S.O. construeu un cun kit de pezas de madeira do departamento de tecnoloxía.

Comprobaron que os arcos de medio punto non precisan de ningún tipo de  cemento que pegue as pezas entre sí. E así o fixemos na clase, esperando que ao colocar a derradeira dovela no punto máis alto (a clave), grazas á forma das pezas a forza da gravidade actuase facendo que as cargas se repartisen transmitíndose aos pilares e logo ao chan e, así, o arco se mantivese en pé ao retirar o soporte de madeira.