O día 26 de novembro, o alumnado de 1°de E.S.O. reforzou a súa aprendizaxe dos temas dados en clase, "O proceso tecnolóxico: Inventos", e o tema sobre as "estruturas", visitando estos lugares en A Coruña.
No muelle de Batería do porto vimos o inicio do "proxecto Coruña Marítima" e o seu obxetivo de transformación e reordenación do espazo portuario interior da ciudade. E tivemos o privilexio de ver a exposición fotográfica da recoñecida artista e fotógrafa Annie Leibovitz.
Na fundación MOP puidemos comprobar como reutilizaron as estruturas existentes, tres silos e unha nave industrial, da empresa Cementos do Cantábrico (1960), para transformalos nun espazo cultural aberto aos cidadáns.










