martes, 28 de enero de 2025

Construímos hoteis de insectos

 En 2° ESO construíron 9 hoteis de insectos e 2 casiñas para paxaros. Ímos ver se melloramos a biodiversidade das zoas verdes das que dispoñemos no colexio.

 Colocamos 5 casiñas de insectos no muro da entrada (no xardín vertical) e 4 polas árbores. 















viernes, 24 de enero de 2025

Construímos un sencillo robot

 Traballando en pequenos grupos, en 4º ESO construíron un robot cun circuito eléctrico que lle permite desplazarse lentamente ao activalo.



jueves, 23 de enero de 2025

Construímos estruturas resistentes.

 En 1º ESO, aproveitando os coñecementos sobre os elementos das estructuras e os esforzos que soportan, e o aprendido sobre técnicas de construcción, construíron en grupos de catro alumnos, estructuras que resisten máis de 70 kg so empregando perfis de papel unidos con cola. quedando claro así a importancia non so do material, senón tamén da súa colocación para o reparto correcto de forzas.







Visitamos as instalacións da CRTVG e do CESGA, e os tellados da catedral de Santiago.

 O departamento de tecnoloxía organizou a visita guiada, o 18 de decembro, das instalacións da radio e da televisión de Galicia, a visita terminou cunha gran sorpresa para todos, pois veu a saludarnos o presentador estrela da TVG, O señor Galloso, que estivo moi atento con todos e prestouse a sacar unha foto de recordo que tanta  ilusión lle facía ao alumnado para ensinarlles á familia.



Tamén visitamos o Centro de Supercomputación de Galicia, onde nos sorprendeu o custe que teñen de enerxía ao ano, uns 800.000 € e que non dispoñan dunha bomba de calor para aproveitar a enerxía xeotérmica. Tamén nos informaron da cantidade de traballos que fan para moitas empresas cos seus ordenadores de alta velocidade. a súa labor consiste en "Promover e participar na elaboración de proxectos de investigación e desarrollo tecnolóxico. Proporcionar capacidade de cálculo, comunicacións e soporte técnico aos seus usuarios mediante o equipamento dispoñible na Fundación."




Nesta foto, vese parte do cableado do sistema de refrixeración que precisan para semellantes equipos:



E subimos aos tellados da catedral....chovendo moito!!..