viernes, 11 de febrero de 2022

Conmemoramos o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia:

---Programamos o movemento dos robots que fixera o alumnado de 4º na clase de tecnoloxía, para que chegue á casilla do taboleiro onde se atope a imaxe da muller que inventou ou investigou tal cousa, de forma que teñen que buscar información e logo programar o robot para facer o reto.


---Colocamos na cortiza preto da porta do taller de tecnoloxía o traballo "Celebremos todas las cosas hechas por mujeres", feito na clase de tecnoloxía noutro ano, pero traballado tamén neste curso en diferentes formatos coma presentacións en 2º da E.S.O. e sempre presente de forma transversal nos diferentes temas dados nesta materia. Así sumamos máis información para todo o alumnado do centro:

As presentacións que fixeron en 2ºESO foron individuais e estupendas coma esta que podedes ver a continuación, feita por Carolina, na que ademáis de informar dos inventos e estudos que fixeron tamén recolleu, a súa autora, frases e pensamentos destas magníficas Inventoras da Ciencia e da Tecnoloxía:

Mulleres na Tecnoloxía e na Ciencia


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.