martes, 19 de noviembre de 2024

A importancia da igualdade nos postos de traballo da tecnoloxía dixital.

  O 25 de novembro é o Día  Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, así que nas clases de tecnoloxía DE 1º E.S.O. da semana pasada, buscamos información sobre a dicriminación que houbo hacia a muller na tecnoloxía dixital e que aínda perdura nos libros e na sociedade actual polo que a Unesco e as escolas de enxeñería informática, así coma as grandes compañías apostan pola diversidade nos postos de traballo para que os productos no mercado cheguen a toda a sociedade e sexan de maior calidade e utilidade, dándose conta de que a discriminación non recoñecida se aplica nos algoritmos das aplicación informáticas e nos resultados da intelixencia artificial.

O alumnado fixo un cartel en canva (software creado pola australiana Melanie Perkins, neste enlace a súa historia https://www.youtube.com/watch?v=UaAYCN0TN98de xeito individual ou colectivo en grupos de dous para expoñer no colexio, no que se recoñece o traballo feito polas mulleres neste sector.

O resultado:


Algunhos exemplos de carteis feitos polo alumnado:










domingo, 17 de noviembre de 2024

Nanotecnoloxía no museo Muncyt

 1° E.S.O. realizou unha visita guiada polos inventos do Muncyt, explicándolles por exemplo o funcionamento do anterior faro da Torre de Hércules( engranaxes ) e o seu código de luces(4 luces por segundo) e a distancia que alcanza(40km), antes de ir ao museo tamén visitamos a torre. E tamén, no museo, realizouse un obradoiro para entender os materiais creados con nanopartículas e as súas aplicacións na medicina e na industria. Fixeron unhas reaccións químicas para separar a materia en pequenas esferas.  Algunhas fotos do dia:





martes, 29 de octubre de 2024

Concurso galego de programación de robots e biomímesis no museo Muncyt.

 O 24 de outubro o alumnado de 4º ESO participou no concurso galego de robótica organizado por Igaciencia en A Coruña, cos robots Lego, como os que programamos no taller de tecnoloxía nas clases.

 O alumnado programou os robots para resolver varios retos, aprendendo, así,  a organizarse en grupos e a facer algoritmos exitosos, desarrollando o pensamento computacional, a creatividade e a resolución de problemas. 

O organismo organizador resaltou a boa actitude do noso alumnado.





E tamén visitamos o museo de tecnoloxía Muncyt, facendo por grupos un xogo con preguntas sobre a biomímesis dalgúns inventos expostos e moi ben explicados polo guía do museo, Daniel, que tamén resaltou a boa actitude do grupo.



lunes, 14 de octubre de 2024

Inducción electromagnética: transmitimos enerxía de forma inalámbrica.

 En 2º E.S.O. construímos dous bobinas, unha conectada a un led e a outra conectada á pila. Facemos o proxecto en grupos de 4 persoas.

 

Encenderemos o led sen conectalo a unha pila, farémolo ao acercalo á bobina da pila, pois por ela ao circular a corrente eléctrica, xenerarase un campo magnético arredor. 

Colocaremos un transistor conectado para que aumente a corrente eléctrica, así o campo magnético tamén será maior e cando aproximemos a bobina do led, fará que os electróns de esa bobina comencen a moverse, xenerando unha CORRENTE ELÉCTRICA INDUCIDA e o led dará luz.

Cantas máis voltas ou espiras teña a bobina, máis campo magnético xenerarase ao circular a corrente eléctrica pola bobina. Na bobina conectada á pila daremos 10 voltas, sen cortar o fío de cobre, faremos un bucle de 5 cm de largo e daremos 15 voltas máis. A bobina que vai ao led é máis doado facela, pois so leva 25 voltas.

jueves, 10 de octubre de 2024

Robótica en 4º ESO cos robots LEGO Mindstorms EV3

 Comezamos coa robótica en outubro para ir o día 24 deste mes ao concurso galego de robótica que organiza Igaciencia en A Coruña: " A Maxia da Robótica"

Alguns retos programados e superados cos cinco robots que temos no taller:


 



CURSO 2024/25 A TECNOLOXÍA AO LONGO DA HISTORIA

 En 4º ESO fixeron , logo de dar o tema na clase, estos traballos para expoñer na entrada do cole:

Fixéronnos en grupos de catro no taller de tecnoloxía.

DETALLE:




miércoles, 12 de junio de 2024

Presentacións sobre arquitectura

  Despois de dar o tema de estructuras en 1° E.S.O. tiveron como traballo facer unha presentación sobre arquitectos/as e as súas estructuras.

Mostra de algunhas das presentacións que fixeron:

Presentación de Aldara.

Outra:

Presentación de Xoel.

A portada coas imaxes dos arquitectos e arquitectas escollidos entre tantos e tantas cuias estructuras destacan a nivel mundial:



miércoles, 5 de junio de 2024

Ruta de tarefas na app MathCityMap

 No departamento de tecnoloxía fixemos unha ruta con tarefas sobre o tema de estructuras para que o alumnado de 1º eso a faiga na app MathCityMap e así poida comprobar os conceptos aprendidos na clase sobre ese tema. Para elo desplazámonos ata a zona do convento de O Rosario, moi preto ao noso colexio.

Imáxenes da app creada e do alumnado seguindo a ruta:

A RUTA:

EXEMPLO DE TAREFA:

AS _TAREFAS:

O alumnado seguindo a ruta e contestando ás tarefas:





jueves, 30 de mayo de 2024

Neumática

 En 4º E.S.O. realízase a montaxe de diferentes circuitos neumáticos conectados ao comprasor de aire, facendo práctica a teoría estudada na clase.



ARCOS

Despóis de estudar en clase a importancia deste elemento nas estruturas abovedadas, cada grupo  de 1º E.S.O. construeu un cun kit de pezas de madeira do departamento de tecnoloxía.

Comprobaron que os arcos de medio punto non precisan de ningún tipo de  cemento que pegue as pezas entre sí. E así o fixemos na clase, esperando que ao colocar a derradeira dovela no punto máis alto (a clave), grazas á forma das pezas a forza da gravidade actuase facendo que as cargas se repartisen transmitíndose aos pilares e logo ao chan e, así, o arco se mantivese en pé ao retirar o soporte de madeira.



Motorista

 Proxecto feito nos recreos por un grupo de alumnos ao que lle interesaba practicar operacións con certas ferramentas necesarias para construilo. Leva un circuito eléctrico con interruptor e motor cunha transmisión do movimiento circular con correa e polea.


lunes, 13 de mayo de 2024

Arquitectura bioclimática e domótica.

 En 4º E.S.O. fixeron carteis informativos sobre o tema dado en clase de tecnoloxía para expoñer no centro:










jueves, 2 de mayo de 2024

CRTVG, Camiño, museos e tellados da Catedral de Santiago

 O alumnado de 4º E.S.O. xunto cos seus profesores: Mar, Fernando e Teresa (dos departamentos de relixión, inglés e tecnoloxía, respectivamente), visitou a televisión e a radio galega, os seus platós, salas de control, audiovisuais, participando incluso en directo no programa A BÓLA EXTRA onde se divertiron coa entrevista tan simpática que lles fixeron. O alumnado pediu coñecer ao presentador Xosé Ramón Gayoso, e amablemente veu e contounos moitas cousas, accedeu a sacarse fotos con todos nós e poidemos comprobar en persoa por que a xente o aprecia tanto.

Logo fixemos o Camiño dende a CRTVG (en San Marcos) ata a Catedral, algúns alumnos e alumnas non o quiseron continuar dende o Monte do Gozo porque logo de ter camiñado 3.6 km lles supoñía moito esforzo seguer ata a Plaza do Obradoiro, e foron no bus. Foron 7.1 km, hora e media de camiño que sempre lembraremos como unha experiencia enriquecedora, o alumnado entrevistaba en inglés aos peregrinos de diferentes países coma Islandia, Vietnán, Alemania, ...

E pola tarde visitamos os museos da catedral, o seu interior, a tumba do apóstol Santiago e subimos aos tellados da catedral, con guía en inglés, aprendendo historia e admirando as vistas.

Pasamos un día estupendo non so pola calidade das visitas, senón tamén pola boa actitude dos participantes en todo momento.