martes, 19 de diciembre de 2023

Visita ao museo Muncyt

 1° e 2° E.S.O. visitamos hoxe, 19 decembro, o museo Muncyt para ver algúns dos inventos falados na clase de tecnoloxía e moitos outros, contáronnos a súa historia e a das persoas que os inventaron, datos interesantes e xogo por equipos para buscalos, había cen expostos, un de cada ano do século XX. 

A merenda fixémola preto do museo, no monte de San Pedro, coas fermosas vistas de toda a cidade.











lunes, 18 de diciembre de 2023

Levamos a robótica ao Centro de Día de San Sadurniño.

 Unímonos á actividade organizada polo departamento de relixión de  visitar aos nosos maiores ao Centro de Día de San Sadurniño, mostrándolles bailes e cantos ensaiados nesa materia. Nos levamos un dos robots do taller para mostrarlles os sensores que ten e algún dos programas que programamos en clase de tecnoloxía. Aingerua e irene, de 4º E.S.O., foron as encargadas de informarlles e mostrarlles, e o fixeron perfecto. Esperamos que lles gustara, dixeron que ao robot víaselle ganas de traballar . Foi unha experiencia enriquecedora para todos.





miércoles, 13 de diciembre de 2023

Expositor do proxecto:

 En 2° E.S.O. un grupo de alumnas que finalizaron o proxecto do triciclo con mando inversor de xiro do motor, mentras os demáis grupos seguían a construílo, tiveron a idea de facer este expositor con circuito de tres leds e interruptor na caixa, para deixar o seu proxecto no taller de tecnoloxía. Na caixa pegaron un código QR que crearon para enlazar co vídeo do seu triciclo en funcionamento. Parabéns porque foi unha idea creativa e moi ben feita!







jueves, 16 de noviembre de 2023

Erasmus+ STEAM/dixital

 O noso colexio, e en concreto o departamento de tecnoloxía, participa no Erasmus+ Escolar nunha formación coa temática STEAM/dixital organizado polo CFR de Ferrol xunto con outros colexios da comarca. Viaxamos a Mersin( Turquía) entre o 18 e 24 de novembro, deste curso escolar 2023/24, para visitar outros colexios neste país achegándonos a outro sistema educativo e cultura. 


O muro da biblioteca pública de Mersin:

E a súa entrada coa imaxe pintada de Atatürk:

O sistema educativo en Turquía:


STEAM en las escuelas de Mersín, Turquía. Clica neste enlace para velo video:

Enlace a: STEAM en TURQUÍA.




Visitamos un colexio privado, clica no seguinte enlace para velo video:




Visitas culturais en Mersín:

 Clica na seguinte imaxen, decoración nunha tenda de roupa da cidade, para velo video:


Visitas culturais en Estambul:

Clica na imaxe para velo video.



O Erasmus é unha experiencia moi enriquecedora, tanto para o alumnado como para o profesorado. Neste país comprobamos como aplican as  materias STEAM (ciencia, tecnoloxía enxeñería, arte e matemáticas) de xeito directo, compartindo ideas e experimentando coas ferramentas dixitais e materiais que tan amistosamente nos amosaron tanto o profesorado como os nenos e nenas nas súas aulas nese colexio privado que poidemos visitar e tamén no centro de formación do profesorado na cidade de Mersin.








jueves, 9 de noviembre de 2023

Carteis feitos para celebrar o Día do/a Inventor/a

 En 1° de E.S.O. nas clases de tecnoloxía fixemos en grupos, de 4 ou 5 persoas traballando simultáneamente, carteis no software online Canva para celebrar o Día do/a Inventor/a, hoxe día 9 de novembro, adicado a Hedy Lamarr, e así repasar o tema 1, que explica o proceso tecnolóxico e a orixe dos productos tecnolóxicos que nos rodean, facendo unha investigación sobre algúns inventos e sobre as súas inventoras ou inventores.

 Facendo especial mención a esas inventoras con enorme talento e mérito, que aínda que o tiñan prohibido e a sociedade non era xusta na igualdade, elas facían o seu traballo a pesar desa enorme dificultade.

O 19 de decembro faremos unha actividade extraescolar que consiste en visitar o museo de tecnoloxía Muncyt, en A Coruña, para ver moitos destos inventos alí expostos e facer un xogo en grupo para investigalos. Por exemplo, veremos o libro electromecánico, precursor do eBook (libro electrónico), que inventou Ánxela Ruíz Robles, mestra en Ferrol. Tamén inventos feitos en Galicia, e en España, que son moitos e te sorprenderán!!!

Están expostos no colexio no taboleiro da entrada:

Para velos mellor, os once carteis son os seguintes:










martes, 7 de noviembre de 2023

O alumnado de 4° participa no concurso galego XIV A Maxia da Robótica.

 Onte, 7 de novembro, o alumnado de 4° E.S.O. participou nas actividades extraescolares organizadas polo departamento de tecnoloxía e foron a A Coruña coas súas profesoras Mar e Teresa para participar no XIV Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica, para así continuar aprendendo de modo lúdico os conceptos básicos da programación de robots e resolver, en pequenos grupos, uns desafíos propostos que puntuarán para o concurso. Neste concurso participan máis de 800 alumnos e alumnas de toda Galicia.



A programación dos robots lego EV3, realizarase cun sistema de programación baseado en Labview, o estándar en control na industria.

Ademáis, tamén visitamos de xeito guiado o museo de tecnoloxía Muncyt, onde viron diferentes inventos e xogaron en grupos a investigar sobre eles. 




E para finalizar a xornada, fumos ao monte de San Pedro para xantar coas espectaculares vistas de a cidade antes do regreso ao colexio. 
O alumnado tivo un comportamento exemplar en todo momento. Noraboa a todos e todas!!


martes, 31 de octubre de 2023

Presentacións sobre inventores/as en 1° E.S.O.

 


Unha das presentacións feitas en grupo compartindo online o seu traballo en Canva, é a seguinte:

inventores/as Sara,Estefanía y Lum

  OUTRA:
Trabajo Tecnología inventoras e inventores de Aldara y Miriam, 1°A.




lunes, 30 de octubre de 2023

Comenzamos coa robótica en 4º E.S.O.

Preparámonos para o concurso galego de robótica ao que iremos o 7 de novembro en A Coruña, cos robots de Lego Mindstorms EV3 que temos no taller. Practicamos en clase de tecnoloxía diferentes retos propostos na aula:


Que detecte obstáculos evitándolos en su recorrido, cambiando el dibujo de su pantalla LCD y emitiendo algún sonido :

 Que o robot realice unha trayectoria en forma de cadrado de 50 cm de lado:


Que xire alrededor de alguén comezando e rematando no mesmo punto:


Que detecte os bordes dunha mesa e retroceda para non caer:


Que sega unha liña, que detecte colores, que se dirixa con un mando para facer unha loita sumo dentro dun espazo limitado por unha liña, que recorra un circuito determinado,...e moichos retos mais realizados cun sistema de programación baseado en Labview, que é o estándar de control na industria.

Proxecto en 2º E.S.O.: Triciclo con motor reductor e mando para invertir o sentido de xiro.


 Cada grupo ao finalizar o proxecto debe ser creativo para diferencialo dos demáis.



 

 Proceso de traballo:


 

Probando: