Unímonos á actividade organizada polo departamento de relixión de visitar aos nosos maiores ao Centro de Día de San Sadurniño, mostrándolles bailes e cantos ensaiados nesa materia. Nos levamos un dos robots do taller para mostrarlles os sensores que ten e algún dos programas que programamos en clase de tecnoloxía. Aingerua e irene, de 4º E.S.O., foron as encargadas de informarlles e mostrarlles, e o fixeron perfecto. Esperamos que lles gustara, dixeron que ao robot víaselle ganas de traballar ☺. Foi unha experiencia enriquecedora para todos.
Neste blog mostraranse algúns proxectos e traballos que se fan na clase de tecnoloxía, a parte práctica. "O que temos que aprender a facer, o aprendemos facéndoo" ( Aristóteles IV a.C. )
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.