O 16 de xaneiro, profesores e profesoras de Finlandia e de Gales, involucrados no Erasmus+ Robot Dance, visitáronnos para ver o traballo
relacionado coa robótica que se levou a cabo no noso centro.
Estiveron dende as 10:00 da
mañá ata as 13:00. O profesorado de Gales en primaria, e o de Finlandia en
secundaria.
En secundaria, a profesora de tecnoloxía dividiu a xornada en dúas partes:
- De 10:15 a 11:30 estivemos
na aula de 4º E.S.O., onde cada alumno e alumna explicoulles en
inglés, os diferentes retos de robótica programados co software Lego Mindstorms
EV3 na materia de tecnoloxía,
amosándolles o resultado de cada programa cos robots. Logo, xogamos
con dous robots programados para loitar nun taboleiro, construídos
cunha forma apropiada para tal, e dirixíndo cada robot coa súa baliza emisora
de infravermellos. E, para rematar a primeira parte, propuxémoslles un
obradoiro de formación para que programasen eles ese último reto.
Parabéns aos alumnos e alumnas participantes neste Erasmus: Lucía, José Luis, Pablo, Bruno, Iago, Jorge e Catalina, polo traballo feito e, sobre todo, pola súa excelente actitude, que provocou un forte aplauso dos profesores finlandeses ao despedirse deles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.