miércoles, 14 de mayo de 2025

Programamos o sensor ultrasónico

 En 4° programamos un circuíto electrónico avisador de proximidade, tanto acústico (cun zumbador conectado) coma luminoso( con 3 leds de diferente cor).



miércoles, 7 de mayo de 2025

Deseñamos e imprimimos en 3D os carteis do horto do colexio.

 En plástico PLA, totalmente biodegradable, deseñamos e imprimimos os carteis para o horto do noso cole, no que o alumnado escribirá os nomes das plantas que cultivan.



Deseño en tinkercad:


Convertimos o archivo stl en 3mf para abrilo no Creality Printed, programa no que laminamos o deseño para poder empregalo na impresora 3D:


Imprimindo:








lunes, 5 de mayo de 2025

Programamos matrices de 8 x 8 leds

 En 4° programamos con Arduino as matrices de 84 leds para acender e apagar os diodos que formen unha letra ou forma dada.







viernes, 4 de abril de 2025

Programación e construción de xogos

 En 1° ESO programaron diferentes xogos con Scratch, sete xogos, e un conto animado.

Logo, construíron os seus propios mandos para conectalos ao ordenador e poder xogar según o que programaron.
















domingo, 30 de marzo de 2025

Visita guiada no Museo Naval da Armada e no Museo da Construcción Naval de Ferrol

 O departamento de tecnoloxía organizou as dúas visitas para 2° E.S.O., completando a mañá cun paseo polo Modernismo de Ferrol, observando varias obras do arquitecto Rodolfo Ucha.

O alunnado tivo un comportamento exemplar en todo momento, aprendeu e observou moitas cousas novas.




















viernes, 21 de marzo de 2025

Arquitectura

O alumnado de 1° E.S.O. investiga sobre diferentes arquitectas/os, editan carteis en Canva explicando algunhas das súas obras, e fan esta interesante exposición na entrada do centro:



Traballos coa impresora 3D

 En 2° ESO diseñamos varias pezas en 3D tanto co software Sketchup coma co Tinkercad, e aprendemos a gardalas no formato adecuado, stl ou en 3mf.

Os trofeos para o torneo de xadrez organizado polo equipo de convivencia do centro, tanto para o campión coma para a campioa:




Chaveiros do centro

Para poder abrilas co software de laminación (empregamos o Cura e o Creality Printed V5.1, este último é o que da os parámetros de impresión máis adecuados para o tipo de impresora que temos, Creality K1, sen ter que buscala no Cura). 

E así, poder ter a peza en capas, laminada para enviarlla á impresora e que a imprima en plástico de tipo PLA, biodegradable, que é o que mercamos no noso centro.


O proceso:


Deseñamos na clase, e despois no recreo poden vir á aula Recuncho Creativo para imprimilas.   



miércoles, 19 de marzo de 2025

Traballos coa cortadora láser

 Este curso escolar contamos cunha cortadora láser enviada pola Xunta.

Algúns proxectos feitos:

En 2º E.S.O. cada alumno/a diseñou no software Inkscape un cartel co nome propio, tamén fixemos outro co nome da aula Recuncho Creativo para abrilo co programa da cortadora láser e poder  grabalo e cortalo en goma EVA, tamén os carteis das aulas da entrada (tecnoloxía e laboratorio), estos en madeira:



O proceso:



Carteis aulas:


Chaveiros:














Electrónica programada con Arduino

 En 4º empregamos un simulador de circuítos para crealos e comprobar se funcionan, logo montámolos no taller de tecnoloxía cos compoñentes electrónicos, en grupos de dous alumnos/as e conectámolos á tarxeta Arduino UNO. Programamos o que queremos que faiga o circuito, tanto con programación visual coma escribindo liñas de código en linguaxe C; descargámolo programa ao microcontrolador da tarxeta co software de Arduino e non temos máis que crear as carcasas das máquinas que van  funcionar con esa electrónica.

Iremos subindo algúns dos traballos feitos: