miércoles, 6 de marzo de 2024

Xogo programado- OS ESTEREOTIPOS NOS CONTOS.

Traballo feito para expoñer no colexio o día 8 de marzo, Día Internacional da muller, e así concienciar sobre os estereotipos nos contos e seguer avanzando na educación para a igualdade.

O panel do xogo e a programación do xogo con Scratch foi feita por: Nerea, Candela, Lara e Xulia de 2º E.S.O. na clase de tecnoloxía.

As imaxes que aparecen na pantalla do computador coa explicación dos estereotipos foron feitas polo alumnado de 4º E.S.O. na clase de língua galega.

Para iniciar o xogo débese clicar na bandeira verde da pantalla. Despois,  conectando co boli conector en cada personaxe do panel de cartón pluma, na pantalla do computador aparecerá a explicación dos estereotipos asociados a esa personaxe dun conto popular.

No seguinte video pódese ver como funciona:

         As explicacións dos estereotipos que se mostran na pantalla, son:


 





Tamén expusemos no colexio, os mapas interactivos de San Sadurniño feitos polos mesmos alumnos e tamén por Noa G., Íker P. e Noa L., tamén de 2° E.S.O. :






Electrónica en 4º

Fixemos varios circuitos electrónicos no taller cos kits de compoñentes de electrónica en grupos de dous.

- Detector de oscuridade para que o diodo led alume, cunha fotorresistencia ou LDR

- Intermitencia de luz cun chip temporalizador 555:



- Accionar unha luz dende outro circuito diferente cun relé:

 


- Uso dun potenciómetro ou resistencia variable para modular o son dun zumbador ou a luminosidade dun LED: